As sesións

primeira sesión dura 90 minutos para coñecerte e que nos coñezas mellor; a partir de aí, seleccionamos a maneira máis concreta para solucionar o teu problema.

tempo entre unha sesión e a seguinte soe ser de 10 a 15 días, para que poidan apreciarse os cambios que se promoven coas tarefas suxeridas. A medida que se consolidan as mellorías, as sesións vanse espazando ata concluír os obxectivos pactados.

O custo de cada sesión é de 60 euros (independentemente da modalidade: individual, parella, familiar...).

Alles Psicóloga

Que traballamos?

Dende o ámbito da Psicoloxía Xurídica:

  • Informes periciais
  • Garda e custodia dos fillos (capacidade dos proxenitores)
  • Adopción e tutela de menores
  • Efecto psicolóxico da separación ou divorcio
  • Privación patria potestade
  • Custodia monoparental/ Custodia compartida
  • Avaliación e intervención en casos de violencia de xénero
  • Orientación a pais/nais antes/durante/despois da separación ou divorcio
  • Orientación a pais/nais en acollementos familiares e adopcións

Dende o ámbito da Terapia Breve:

  • Estados emocionais (angustia, medos, timidez, soidade, baixa auto estima, impulsividade…)
  • Dificultades de alimentación
  • Abuso de substancias
  • Problemas de relación (falta de comunicación, celos, discusións frecuentes, disfuncións sexuais…)
  • Alteracións do sono
  • Dificultades de adaptación aos cambios e/ou crises vitais
  • Conflitos en nenos/as e adolescentes en calquera ámbito
  • Calquera outra dificultade de carácter persoal ou relacional que non consigas solucionar por ti mesmo/a.