O noso modelo

En Alles Psicóloga utilizamos o modelo de traballo que mellor se adapta ás vosas necesidades. Partimos das premisas derivadas da terapia breve (centrada en solucións e centrada nos problemas) aínda que tamén integramos técnicas doutros modelos terapéuticos (narrativa, cognitivo-condutual, psicoloxía positiva...).

Escollimos este modelo, entre outras razóns, porque:

  • É acorde coa nosa filosofía de cooperación, de respecto e de cercanía.
  • A nosa intención é acortar o teu sufrimento traballando para que o número de sesións sexan as menores posibles, aínda que sempre as necesarias.
  • Consideramos que hai moitas maneiras de actuar e de comportarse tanto en familia, como en parella ou cun mesmo, sen xulgarte; polo que a nosa función é axudarte a conseguir as túas propias metas e obxectivos.
  • Cremos que, a pesares das túas dificultades ou sufrimentos, contas con recursos e fortalezas que che facilitarán o cambio.

Como traballamos

Te atenderemos de modo individual, en parella y/o en familia, en función da túa situación.

A principal ferramenta de intervención que empregamos é a conversación terapéutica; polo que verémonos no centro o número de veces preciso para que consigas resolver as túas dificultades rápida e eficazmente.

Traballamos en equipo, ben durante as sesións ou, despois delas, nas reunións de supervisión. Así, aínda que sempre vos atenda o/a mesma terapeuta, contarás cun equipo ao teu servizo, facilitando distintos puntos de vista e aumentará a calidade da intervención co obxectivo de que consigas acadar as túas metas terapéuticas.

Sempre que o consintas previamente, gravamos as sesións para a súa posterior revisión, continuando co traballo cando no esteas e poder así axustar as estratexias terapéuticas que posibiliten a resolución das túas dificultades.

Te proporemos tarefas para realizar fóra do centro, de cara a promover novos cambios ou a xeneralizar aqueles que se realizaran durante a entrevista.

Alles Psicóloga

O noso equipo

Cristina Alles León

Son Licenciada en Psicoloxía pola USC (1997). Sección Psicoloxía Clínica e da Saúde.. Colexiada nº G-5228.

A miña carreira profesional dirixiuse desde un principio ao ámbito da familia, traballando, durante máis de 15 anos, con nenos, nenas e adolescentes, así como cos seus pais e nais; tanto en problemáticas de convivencia como en procesos individuais que presentaban algún/unha dos seus membros.

Ao longo destes anos mantiven o interese por continuar formándome e especializándome coa intención de aportar a máxima calidade ao traballo que desenvolvo. Das formacións que realicei destacaría:

Especialización en Terapia Familiar Sistémica Breve, cursos realizados no Centro de Psicoterapia “Proceso”.

Training intensivo en Intervención Sistémica Breve. Alianza Española de Terapia Familiar.

Máster en Psicoloxía Xurídica, durante dos anos a través da Fundación Universidad-Empresa e a Universidad Nacional de Educación a Distancia.

Nestes momentos estou realizando o Máster en Terapias de Terceira Xeración (Counselling, Mindfulness, Terapia de Aceptación e Compromiso, Terapia Dialéctico Condutual…) pola Universidad Internacional de Valencia.

Andrés Hernández Mouriño

Son Traballador Social, colexiado 853, diplomado e graduado pola USC.

Experto en Intervención Familiar pola UDC.

Teño máis de 20 anos de experiencia, principalmente no campo da protección á infancia (programas de intervención familiar), así como en proxectos de carácter educativo e preventivo. Tamén nos servizos sociais comunitarios de diversos Concellos.

Titulado en Docencia da Formación para o Emprego pola Xunta de Galicia, cunha ampla experiencia docente.

Habilitado polo Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia como Perito Xudicial.