Rir, chorar, sentir medo ou rabia son emocións que todos e todas experimentamos independentemente de onde nos criemos, da idade que teñamos ou da época na que nacésemos.

Cumpren unha serie de características: son innatas (veñen de serie), espontáneas (non as decidimos), neutras (non teñen intención positiva ou negativa, senón que nos achegan información básica sobre como sentimos #ante os diferentes estímulos e situacións que nos presenta a vida) e, por último, pódense xestionar, aínda que non evitar (podemos pedirlle a alguén que “cambie a súa maneira de facer algo”, pero non "de sentir algo”).

A súa función principal é a de orientarnos, protexernos, rexeitar o que non nos convén e achegarnos ao que nos gusta, entre outras cousas.

Empecemos descubrindo algo máis sobre a Alegría.

Algúns/as consideran que é a emoción da acción positiva (non hai máis que ver como a expresan os nenos, adoitan correr, gritar, saltar, rir...). Cando sentimos alegres nosa enerxía aumenta, así como os nosos desexos de iniciar proxectos, enfocando as situacións de maneira máis efectiva.

É unha emoción agradable que ten efectos concretos na nosa saúde: protéxenos das consecuencias da tensión, reduce a ansiedade e amortece a agresividade. Tamén incrementa a nosa autoestima, promove a creatividade, optimiza a memoria e a aprendizaxe e, fomenta vínculos sociais duradeiros (o sorriso é un dos facilitadores sociais máis sinxelos que utilizamos habitualmente). Por último, un estado de ánimo alegre promove a nosa disposición para axudar aos demais e a cooperar con eles.

Aínda que a alegría non se pode forzar, si podemos expornos reservar diariamente momentos de goce que aumenten as posibilidades de experimentala e, por tanto, de obter todos estes efectos positivos que comentamos.