Que podemos facer cando algo inesperado, cunha gravidade suficiente, sucede na vida dos nenos/ as que nos rodean? Referímonos, por exemplo, á morte dun familiar ou amigo/a, ao divorcio conflitivo dos seus pais ou á vivencia dun accidente grave.

Nestas situacións pódense aplicar os PAP, unha técnica recomendada pola Organización Mundial da Saúde (OMS) para axudar a persoas, en situacións vitais críticas, a reducir o impacto do incidente sobre a súa vida.

As persoas que mellor poden atender aos nenos/ as son os seus pais ou adultos de referencia polo que cremos que pode ser de utilidade achegarvos algunhas ideas sobre como facelo adecuadamente. Para ser efectivos deben aplicarse desde os momentos inmediatamente posteriores ao incidente.

Nesta primeira entrada deixámosvos unha infografía na que se recollen as reaccións máis habituais, segundo a idade, de nenos e nenas ante feitos vitais críticos.