Os nenos e nenas, grazas á súa enorme imaxinación e creatividade, son máis propensos a ter medo; unha conversación con amigos, un programa de TV, unha sombra na parede… pode desencadear unha reacción de temor. Con todo, a maioría presentan temores lixeiros que adoitan desaparecer por si sós e raramente chegan a converterse nun problema persistente.

Hai medos que se consideran evolutivos que están relacionados coa idade e cos avances na maduración e a aprendizaxe, a evolución do sistema nervioso e a maduración da capacidade perceptiva. Así, o medo á separación, aos estraños, á escuridade, aos animais, ás criaturas imaxinarias... preséntase na maioría dos nenos sen que sucedan acontecementos máis aló das experiencias normais.

Algúns comportamentos dos pais e/ou nais #ante os medos infantís poden empeorar a vivencia do medo:

-Quitarlle importancia ao que lles pasa ou ridiculizarlo: “agarimo, non teñas medo se os monstros non existen”, “parece mentira, co pequeno que é o cachorro que lle teñas medo!”

-Tratar de tranquilizalo con frases como “non te preocupes, xa estou aquí para botar ao monstro”.

-Enfadarse cando non consegue tranquilizalo: “xa non terías que ter medo co grande que es pareces un bebé”.

-Castigar ou premiar: cando non se consegue que o problema se solucione.

-Falar do problema de maneira insistente, analizándoo (preguntándolle por qué ten medo) e téndoo moi presente nas súas vidas.

Estes intentos adoitan provocar, tal e como comentamos un agravamento da situación e que unha dificultade inicial poida chegar a converterse nun problema.