Hoxe deixámosvos unha pequena historia que se recolle no libro “A arte de amargarse a vida” de Paul Watzlawick que recomendo porque, ademais de ser moi fácil de ler, transmite con moito sentido do humor distintas maneiras de conseguir complicarnos a vida ata chegar a amargárnola.

A historia é a seguinte:

Un home daba unha palmada cada dez segundos. Un pregúntalle polo motivo de tan estraño proceder. O home responde:

–Para espantar os elefantes.

–Elefantes? Pero se aquí non hai elefantes?

Ao cal responde o home:

–Ve vostede?

Nesta historia Watzlawick ensínanos como o non afrontar os problemas, ignoralos ou enfocalos de modo erróneo, é unha forma de que estes perduren.

Por outra banda, ver un problema onde non o hai, isto é, creándoo nós mesmos é outra maneira de xerar dificultades.

A frase que vos presentamos nesta entrada sería outra variante coa que conseguiremos, aos poucos, especializarnos nesta arte de amargarnos a vida.

 

Preocupacións

Preocupacións