Na comunicación é tan importante saber expresar de maneira adecuada a mensaxe que queremos transmitir como saber escoitar o que nos din. A isto algúns psicólogos/ as chámanlle “escoita activa” e consiste en tratar de entender o que nos din, poñerse no lugar do outro/a transmitindo coa nosa actitude que estamos interesados no que nos contan, no seu punto de vista aínda que non necesariamente coincidamos con él.

Déixovos unha lista dos erros máis habituais que cometemos ao escoitar a outra persoa. Poden servirnos para ser máis conscientes de como actuamos e cambiar a nosa maneira de escoitar:

-Non prestar atención (coidado cos móbiles!.

-Incongruencia entre o que dicimos (¡moi interesante!) e o que facemos (bostezar).

-Cambiar rapidamente de tema ou centrar a conversación no que nos interesa.

-Dar consellos ou leccións non solicitadas.

-Quitar importancia aos sentimentos do outro (Non é para tanto, non te poñas así!).

-Mandar ou reprochar (Sempre estás igual! Tes que…).

-Ironizar ou rirnos.

-Cuestionar ou subestimar o que nos contan (Ti sempre tan esaxerada!).

-Quitar a razón sen escoitar todo o que nos teñen que contar.

-Tratar de adiviñar a mensaxe.

-Non poñernos no lugar do outro.